Deporte base · Traballo en equipo · Evolución

O Club

Somos un club que coida o deporte base, onde o traballo en equipo, a disciplina e o compromiso forman parte da nosa maneira de entender a ximnasia rítmica.

Acompañamos a cada ximnasta desde os seus primeiros pasos, traballando de forma lúdica a técnica específica do noso deporte. Pouco a pouco, segundo a súa idade, madurez e compromiso, van asumindo novos retos e, cando están preparadas, dan o paso á competición.

Entendemos competir como unha parte máis do crecemento, nunca como o único obxectivo. Queremos que cada ximnasta se sinta parte do equipo, acompañada no proceso e orgullosa da súa evolución.

Foto de grupo do Club Squadra Boqueixón
  • Deporte base

    Acompañamos ás ximnastas desde os seus primeiros pasos, respectando a súa idade e evolución.

  • Traballo en equipo

    O compañeirismo, a disciplina e o compromiso forman parte da nosa maneira de traballar.

  • Evolución

    Cada ximnasta avanza ao seu ritmo, asumindo novos retos cando está preparada.

Squadra e o seu territorio

Squadra nace e crece en Boqueixón. A comarca e a proximidade con Santiago de Compostela marcan o noso día a día: familias da zona, un pavillón municipal como casa e a ximnasia rítmica galega como contexto competitivo.

Arredor de 60 ximnastas en competición

Sesión de adestramento do club

Niveis actuais

  • Precompetición

    Precompetición

    Primeiros pasos na ximnasia rítmica, traballando a técnica específica de forma lúdica.

  • Escolar

    Escolar

    Modalidade de competición de ámbito autonómico, adaptada á idade e evolución das ximnastas.

  • Promoción

    Promoción

    Modalidade competitiva de ámbito autonómico na que as ximnastas continúan desenvolvendo a súa evolución técnica e deportiva.

  • Base

    Base

    Categoría que permite competir a nivel nacional. As demais modalidades competitivas do club desenvólvense principalmente no ámbito autonómico.

Cada ximnasta evoluciona dun xeito diferente. A idade, o nivel técnico, a madurez, a valoración das adestradoras e as prazas dispoñibles determinan o grupo máis axeitado en cada momento.

Onde estamos

Boqueixón

  • Pavillón de O Forte

    Adestramentos dos grupos de competición.

Santiago de Compostela

  • Colexio La Salle

    Actividade extraescolar e competición.

  • Colexio Nuestra Señora de los Remedios

    Actividade extraescolar.

  • Colexio San José de Cluny

    Actividade extraescolar.

Actividades do club

Todas as ximnastas teñen a oportunidade de participar nas exhibicións organizadas polo club.

  • Campus de verán

    Durante a última semana de xuño.

  • Xornadas de portas abertas e exhibicións

    Todas as ximnastas do club teñen a oportunidade de participar nas exhibicións organizadas polo club.

  • Festivais

    Participación en festivais ao longo da tempada.

  • Torneo organizado polo club

    Squadra organiza o seu propio torneo de ximnasia rítmica.

A nosa historia

  1. 2022

    Nace o Club Squadra Boqueixón

    O club comeza o seu proxecto deportivo en 2022.

  2. 2024

    A categoría Base dá o salto á competición oficial

    Desde abril de 2024, Squadra participa con esta categoría en campionatos oficiais.

Dirección deportiva

  • Nayba Manteiga

    Dirección e coordinación deportiva

    Á fronte do proxecto deportivo de Squadra está Nayba Manteiga, responsable da dirección e coordinación deportiva do club. O seu traballo céntrase no acompañamento das ximnastas ao longo das diferentes etapas, coordinando unha metodoloxía baseada no deporte base, o traballo en equipo, a disciplina e a evolución individual de cada deportista.

A vida do club

As cinco ximnastas do conxunto Benxamín Base coa súa adestradora no pavillón de Tenerife.
As cinco ximnastas do Benxamín Base sentadas nun sofá negro no Torneo Jael-Viravolta.
Ximnasta do club en exercicio con aro
Zaira Castro sorrí sentada nunha cadeira diante dos paneis da Federación Galega de Ximnasia.