O Benxamín Base e Zaira Castro participan na I Copa IN MARE
Publicado o 10 de outubro de 2026

O sábado 10 de outubro, o Club Squadra Boqueixón participou na I Copa IN MARE, celebrada no pavillón A Raña de Marín, co conxunto Benxamín Base e Zaira Castro.
O conxunto tivo a oportunidade de presentar a súa montaxe dúas veces. Cada saída ao tapiz permitiulles poñer en práctica o aprendido, detectar erros e seguir mellorando. O seu esforzo e compromiso reflíctense en cada competición.
Para Zaira, a cita tivo un carácter especial. Nun ambiente con menos presión, puido gozar da súa montaxe e expresarse con liberdade, amosando unha sensibilidade que nos emocionou.
Grazas ao Club In Mare pola organización e por ofrecernos unha nova oportunidade de medrar no tapiz.


