Novas do club

O conxunto benxamín base e Zaira Castro viven unha gran experiencia na II Copa Atlántica

Publicado o 11 de outubro de 2026

Ximnastas do conxunto benxamín base de Squadra Boqueixón na II Copa Atlántica

O conxunto benxamín base e Zaira Castro participaron na II Copa Atlántica, unha cita organizada polos clubs Arnela e Escola Rosalía.

Foi unha magnífica experiencia, nun torneo que destacou polas súas espectaculares instalacións, a excelente organización e todas as comodidades ofrecidas ás participantes.

As nosas ximnastas continúan medrando e evolucionando en cada competición, perfeccionando as súas montaxes e demostrando, cita tras cita, o froito do seu esforzo e dedicación.

O conxunto benxamín base de Squadra Boqueixón durante a súa actuación
Zaira Castro accede á pista da II Copa Atlántica
Zaira Castro na II Copa Atlántica
Un momento de apoio e compañeirismo durante a Copa Atlántica