Novas do club

Squadra continúa a súa evolución no Torneo Club Biqueira do Grove

Publicado o 27 de setembro de 2026

Zaira Castro Louzán e o conxunto Benxamín Base de Squadra Boqueixón no Torneo Club Biqueira do Grove

O domingo 27 de setembro, o Club Squadra Boqueixón participou no Torneo Club Biqueira, celebrado no Pavillón Novo-Monte da Vila, no Grove.

Nesta segunda cita da tempada participaron Zaira Castro Louzán e o conxunto Benxamín Base, continuando así o seu calendario de competición despois da estrea da semana anterior na Coruña.

A xornada deixou unha evolución moi positiva das nosas ximnastas, cada vez máis seguras sobre o tapiz e con maior confianza á hora de afrontar os seus exercicios.

Cada competición supón unha nova oportunidade para seguir aprendendo, gañar experiencia e consolidar o traballo realizado nos adestramentos.

Un paso máis nunha tempada que acaba de comezar e na que o obxectivo segue sendo avanzar, competir e medrar como equipo.