Novas do club

Zaira Castro despide a súa montaxe de pelota no Control Copa Base Individual de Vigo

Publicado o 08 de novembro de 2026

Zaira Castro sorrí sentada nunha cadeira diante dos paneis da Federación Galega de Ximnasia.

O domingo 8 de novembro, Zaira Castro participou no Control Copa Base Individual, celebrado no Pavillón das Travesas de Vigo.

Para despedir a súa marabillosa montaxe de pelota, Zaira regalounos un pase cheo de forza, expresividade e entrega.

Unha actuación na que loitou ata o último segundo, demostrando todo o traballo, esforzo e ilusión que hai detrás de cada adestramento.

Un broche precioso para unha montaxe que nos regalou tantos bos momentos! 💙

Zaira Castro realiza un exercicio de flexibilidade cunha banda elástica verde.